cursor

jueves, 31 de mayo de 2018

RECITAL: Mª VICTORIA MORENO

  REMATAMOS O MES DAS LETRAS CUN RECITAL DE  Mª VICTORIA MORENO
  OS DE INFANTIL TAMÉN PARTICIPAMOS. 4º E 5º DE INFANTIL CON "NACEMENTO" DO POEMA CAN BRANCO E CAN NEGRO.




   6º DE INFANTIL, XUNTO CON 1º E 3º DE PRIMARIA RECITARON UN CACHIÑO DE BICA





miércoles, 30 de mayo de 2018

ALFOMBRAS DE CORPUS

  TODOS PARTICIPAMOS NA ALFOMBRA DA ANPA, DECORAMOS LETRAS PARA COMPOÑER UN POEMA DE Mª VICTORIA MORENO.




PODEMOS PARTICIPAR NA CONFECCIÓN DA ALFOMBRA EN BUEU

martes, 29 de mayo de 2018

CONTACONTOS IES ILLA DE ONS

    A PRIMEIRA HORA,  FOMOS  ARTISTAS, PARA AS FAMILIAS, MERGULLATE NA MÚSICA!
   DESPOIS DO RECREO FOMOS EXPECTADORES.  CATRO RAPACES DO IES ILLA DE ONS VIÑERON LER  E REPRESENTAR UNS CONTOS QUE NOS GUSTARON MOITÍSIMO. 




MOITÍSIMAS GRAZAS !!!

SEMANAS DA FROITA

  HOXE DEU COMEZO A PRIMEIRA SEMANA DA FROITA, ANIMAMOS A TODOS OS NENOS E NENAS A QUE PROBEN UNHA VARIEDADE DE FROITAS DE TEMPADA.

jueves, 24 de mayo de 2018

AUDICIÓNS MUSICAIS

   DENTRO DA PROGRAMACIÓN DA SEMANA CULTURAL, HOXE FOI UN DÍA DE MÚSICA.
OS ALUMNOS E ALUMNAS BAILARON E CANTARON PEZAS MUSICAIS QUE ENSAIARAN NA CLASE DA PROFE SOLE.
   ACTUARON 4º, 5º , 6º DE INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA.






QUE BEN O FIXERON TODOS!

martes, 22 de mayo de 2018

OBRADOIRO DE POEMAS E CANCIÓNS, TALLER DE MEMORIA.

  UN ANO MÁIS, AS PERSOAS MAIORES QUE ACODEN AO TALLER DE MEMORIA, VIÑERON AO NOSO COLEXIO PARA CONTAR E CANTAR.
  NOS AGASLLAMOLOS CON POEMAS, MÚSICA E TEATRO.





GUSTOUNOS MOITÍSIMO!

lunes, 21 de mayo de 2018

LEMBRANDO A Mª VICTORIA MORENO

  AS PROFES VANESSA E Mª CARMEN TIVERON A SORTE DE SER ALUMNAS DE MARÍA VICTORIA MORENO, ASÍ QUE NOS CONTARON MOITAS DAS SÚAS EXPERIENCIAS E CURIOSIDADES COMO A BODA DA SÚA CADELA ALMA.
GUSTOUNOS MOITO!

lunes, 14 de mayo de 2018

ANDAINA ATA CABO UDRA







Iniciamos as actividades da Semana cultural cunha andaina ata Cabo Udra para visitar a ula da natureza. Desfrutamos do camiño cos amigos e amigas, e da natureza dun lugar tan especial.




viernes, 4 de mayo de 2018

CORRELINGUA 2018

   UN ANO MÁIS, OS DE INFANTIL E PRIMARIA, DISFRUTAMOS DA FESTA DA LINGUA GALEGA. ESTE ANO O CORRELINGUA CELEBROUSE EN BUEU.
   ENTRE TODOS FIXEMOS UN GRAN CARTEL CO LEMA: A LINGUA NON PARA!  A ASOCIACIÓN ALFOMBRAS BUEU DEIXOUNOS AS CUNCHAS ( MOI AGRADECIDOS POLA AMABILIDADE).
    PARA COMPARTIR ESTA FERMOSA ACTIVIDADE INVITAMOS AOS COMPAÑEIROS DO CEIP. ESPIÑEIRA E AXUDARON MOITO OS ALUMNOS DA ESO DO IES RODEIRA.



   QUEDOU ASÍ DE CHULA!
 

















 COMPARTIMOS XOGOS COS DE ESPIÑEIRA

  DESPOIS DE REPOÑER FORZAS. COMEZOU O QUE A NOS MÁIS NOS GUSTA, A MÚSICA. ESTE ANO A CARGO DE PACO NOGUEIRAS CO SEU CD RADIO BULE BULE.






PASÁMOLO XENIAL!!!!