cursor

lunes, 30 de enero de 2023

30 XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA PAZ

     PARA CONMEMORAR ESTE DÍA, FIXEMOS UN MURAL COLECTIVO PARA CLASE


PARTICIPAMOS NA PROPOSTA DE COLOREAR UN CADRO INDIVIDUALMENTE, PARA EXPOSICIÓN E LOGO LEVAR A CASA UN DE OUTRO COMPAÑEIRO (DE CALQUERA NIVEL), COA NOSA PALABRA DE PAZ.


COLECTIVAMENTE, PINTAMOS TAMÉN O CADRO DE DALÍ                                                  "A PERSISTENCIA DA MEMORIA"

FIXEMOS UNHA MANUALIDADE DE POMBA DA PAZ

APORTAMOS A NOSA FRASE DE PAZ, CANTAMOS E BAILAMOS COS COMPAÑEIROS,       "O MUNDO É GRANDE"






sábado, 28 de enero de 2023

TE QUIERO TAL Y COMO ERES

             ESTE FERMOSO CONTO DE INCLUSIÓN FOI O ELIXIDO POR IRIA



ENCANTOUNOS!!!

martes, 24 de enero de 2023

ACOMPAÑAMENTOS LECTORES

ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE PRIMARIA LERON UNS CONTOS CHULÍSIMOS



MOITAS GRAZAS, 
GUSTOUNOS MOITO ESTA ACTIVIDADE!

martes, 10 de enero de 2023

UNHA PROFE DE PREMIO

 

A igualdade nas aulas, na ciencia e nas prisións, eixo dos traballos recoñecidos cos Premios Sofía Novoa

Catro egresadas do campus pontevedrés e dúas do vigués recibirán este venres os galardóns


SIIIII  !!!, ENTRE ELAS ESTÁ A PROFE RAQUEL. A NOSA PROFE DE PRÁCTICAS E EXALUMNA DO NOSO CENTRO




    O deseño de propostas e recursos didácticos que axuden a promover unha reflexión crítica respecto dos estereotipos de xénero nos centros educativos, así como a dar visibilidade ás mulleres cineastas; xunto coa análise da representación da muller na divulgación científica e da situación na que se atopan as reclusas nas cárceres españolas. Este conxunto de temáticas centran os traballos de fin de grao e mestrado recoñecidos pola Deputación de Pontevedra nos Premios Sofía Novoa. A sede da institución provincial en Vigo acollerá este venres o acto de entrega dos catro premios e dous accésit.

Na categoría de traballos de fin de grao (TFG), o xurado decidiu premiar os proxectos O traballo por proxectos e o álbum ilustrado para promover a igualdade de xénero en educación infantil, da egresada de Ciencias da Educación e do Deporte Raquel Álvarez.

“Xa coñecía estes premios e para min era un soño ser galardoada”, sinala a graduada en Educación Infantil Raquel Álvarez, recoñecida por un TFG centrado en abordar os estereotipos xénero nunha aula de educación infantil. O proxecto que levou a cabo coas profesoras Eulalia Agrelo e Azucena Arias como titoras baséase “nunha simbiose do traballo por proxectos co álbum ilustrado”, coa que deseñou unha serie de experiencias que empregaban a literatura infantil “como fonte de motivación, reflexión e información”, que puxo en práctica, a través dunha serie de contacontos, no CEIP Plurilingüe Montemogos de Bueu. Os resultados deste proxecto, sinala, amosan o “acaído” dunha metodoloxía que ofreceu a nenos e nenas “un espazo de debate e reflexión sobre os estereotipos de xénero, desenvolvendo en boa medida a súa capacidade crítica”, o que á súa vez a pór o foco na “necesidade de fomentar a igualdade dende os primeiros anos de escolaridade”.

PARABENS POLO GRAN TRABALLO!!!



lunes, 9 de enero de 2023