Hoxe rematamos a SEMANA DAS LETRAS cun gran festival no que participaron todos os alumnos do cole. Como fin de festa contamos coa actuación do MAGO CALI que nos encandilou cos seus trucos.
Onte martes tivemos unha mañán moi axetreada e divertida. Despois do recreo esperabánnos moitos xogos que montaron no patio integrantes daASOCIACIÓN CULTURAL SANAMEDIO.Queremos mostrarlle o noso agradecemento e contarlles o ben que o pasamos. Aqui vos deixamos unhas fotos
Cando acabaron os xogos... CONTACONTOS ; Marc Taeger e Olalla Fernández, cortesía da editorial KALANDRAKA. Regaláronnos ovos para que os decoraramos e voilá... aquí tendes o resultado.
Celebramos en Moaña o CORRELINGUA DO MORRAZO 2012. Participaron moitos coles do Morrazo. A organización calcula que máis de 1000 alumnos de primaria e secundaria. A actuación musical correu a cargo este ano de PESDELÁN que nos fixeron bailar a todos.
Grazas por facernos pasar unha estupenda mañá e ata o ano que ven!