cursor

domingo, 31 de mayo de 2020

RELIXIÓN - O VALOR DE COMPARTIR.

Olaaa! Como estamos?:
Propóñovos para esta semana traballar sobre o valor cristián de Compartir.
Compartir conleva o valor de dar (xenerosidade) e de recibir o que nos ofrecen. Podemos compartir ideas, bens materiais, actividades, sentimentos, experiencias...
Desta vez pídovos ós maiores (papás, avós) que compartades cos vosos nenos/-as un momentiño e vexades xuntos estes dous vídeos. Logo dedicádelle tres minutos a dialogar con eles sobre como temos que querer a todos e compartir as nosas cousas.





 Espero que vos gustasen e moitas grazas pola axuda!

jueves, 28 de mayo de 2020

UNHA NOVA HABILIDADE

    PROPOSTA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.  PINCHADE AQUÍ. 
 
    A PROFE FINU ENGADIU NOVOS RECURSOS NO DRIVE
https://drive.google.com/drive/folders/13iQz0VcsaqSZIvgtmquU_1wyjSiOJnYG?usp=sharing

IRIA COMPARTE A SÚA NOVA HABILIDADE. 

MÚSICA NA CASA!


Ola a todos e todas!
Para esta semana deixovos un conto acumulativo chulísimo ao que teredes que acompañar de xestos e sons "A casa de Xan" e unha canción de adiviñas Que cousa cousiña é?  grupo de teatro Migallas:


-Se vos apetece podedes facer un debuxo do conto ou da canción e os gardades nunha carpetiña para á volta (en setembro) facer un mural cos traballos que fixestes de música na casa.

DISFRUTADE MOITO. MIL BICOS!!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

COMPARTIMOS AS NOSAS ACTIVIDADES 2

    LOIS ESTÁ FACER UN HERBARIO E QUERE COMPARTIR  CON TODOS O BONITO QUE LLE ESTÁ QUEDANDO.

FIXERON UNHA MAGNÍFICA PRESENTACIÓN


PODEDES  FACER  UN!

domingo, 24 de mayo de 2020

RELIXIÓN - O VALOR DA IGUALDADE

Esta semana imos a presentar o valor da igualdade a través do conto: "El príncipe ceniciento".
Todos coñecemos o conto da cenicienta pero...este conto amosa o valor da igualdade (compartir as tarefas da casa, eliminar estereotipos sexistas,...)

                                                   Escoitade atentos!
                                   
                                                         
Xenial! Pois ahora propoño unha actividade moi sinxela: Realizar un debuxo alusivo a este conto!
                                 
                                                      Amosade a vosa creatividade!

jueves, 21 de mayo de 2020

MÚSICA NA CASA!

Ola! Rematamos esta semana das Letras Galegas cas seguintes propostas musicais:
-Escoita, canta e baila este fermoso vals primaveral composto pola cantante Uxía a partir dun poema de Carballo Calero "Unha coroa de violetas".    
 Letra da canción :
"Unha coroa de violetas para a túa alta fronte. Unha rosa vermella para a túa boca acesa.
Un colar de goivos para o teu alabastro. Unha grinalda de cravos para a túa cintura.
Afinal, dúas axorcas de margaridas para os teus tornozelos. Afinal? tal vez te deite aínda sobre a relva e te cobra todo o corpo de flores".



- Por último, necesitaría que me enviásedes a través das tutoras un listado coas cinco cancións máis escoitadas durante o tempo de confinamento. para facer un traballo de música no FIADEIRO,


               MOITÍSIMAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E MOI BOA SEMANA!!!

martes, 19 de mayo de 2020

OCÉANOS QUE UNEN

  CONCURSO NO QUE PODEMOS PARTICIPAR. NON ESTÁ ORGANIZADO POLO COLEXIO. 
    Desde el Campus do Mar de la Universidade de Vigo invita a participar en el I Concurso de Dibujo y Fotografía “Océanos que unen” que organizamos con motivo del Día Mundial de los Océanos que se celebrará el próximo 8 de junio https://campusdomar.gal/oceanos-que-unen/

Dado el estado de alarma, el concurso es totalmente online. Adjuntamos el cartel y las bases de participación. El concurso de dibujo va dirigido a los más pequeños y se establecen 5 categorías:

  • Categoría 1: 3 a 5 años
  • Categoría 2: 6 a 8 años
  • Categoría 3: 9 a 12 años

El plazo de presentación acaba el viernes 29 de mayo a las 14.00 h. Los niños y niñas que quieran participar deberán enviar el dibujo escaneado, la autorización de los padres firmada y sus datos personales al correo oceanosqueunen@campusdomar.es, indicando en el Asunto“Concurso dibujo”. Habrá tres premios por categoría de edad.

Para cualquier cuestión, no duden en contactarnos  en: campusmar@uvigo.es

lunes, 18 de mayo de 2020

IRIA RECITA A CARVALHO CALERO



MENUDA ARTISTA!!!

ADIVIÑA CANTO TE QUERO

   A PROFE EVA  LE ESTE  FERMOSO CONTO PARA TODOS.

ADIVIÑA CANTO TE QUERO

domingo, 17 de mayo de 2020

RELIXIÓN - A FAMILIA

O pasado venres, 15 de maio, celebrouse o día da familia. Aproveitando o feito, imos a traballar esta semana sobre a importancia da nosa familia e a do noso amigo Xesús.
Lembrádevos que a familia é a que nos brinda seguridade, nos quere, nos axuda, respecta, protexe,...

  • Propóñovos que vexades estes dous vídeos cortiños:

                                     
                                                                ANA Y SU FAMILIA


LA FAMILIA DE JESÚS




  • Agora xa estades listos para facer un debuxo do que máis vos gusta facer coa vosa familia.
  • Este debuxo vainos servir para traballar as emocións: Como nos sentimos cando estamos en familia?.
          Busca e sinala a cariña correspondente á túa emoción na seguinte ficha:
                                                                                                                                                                                                                                                                       UN SAÚDO MOI GRANDE

                                                                                                                    PROFE MANOLO