cursor

viernes, 12 de junio de 2020

FIADEIRO 2020. EDICIÓN ESPECIAL

    UN ANO MÁIS O ALUMNADO DE  6° DE INFANTIL FAI AS SÚAS ACHEGAS A REVISTA ESCOLAR, FIADEIRO.
O VINDEIRO CURSO COMO MOZAS E MOZOS DE PRIMARIA
 


ILUSTRAMOS O CONTO DA RULIÑA









FIADEIRO 2020 EDICIÓN ESPECIAL

Hoxe publicamos o FIADEIRO 2020 EDICIÓN ESPECIAL.
É un Fiadeiro un pouco diferente. Premede nos enlaces e lede os códigos QR atoparedes sorpresiñas!!!
PREME NA IMAXE

TÉMOLO MOOOI CLARO!!!

      O PLANETA ESTÁ NAS MAN DUNHA NOVA XERACIÓN MOI CONCIENCIADA



IRIA  CLASIFICA  A BASURA

jueves, 11 de junio de 2020

QUE MAIORES SOMOS!!!

   DURANTE ESTES DÍAS, OS SOPERHEROES DE 6º DE INFANTIL ESTÁN A CUMPLIR 

ANOS
DANIELA O 13 DE MARZO










ALEX O 2 DE ABRIL


IRIA O 18 DE ABRIL

 

ÓLIVER O 23 DE ABRIL

LOIS O 29 DE ABRIL
 

BRAIS E ZAIRA O 26 DE MAIO
 
 

DANIELLA O 11 DE XUÑO

 

ABEL O 13 DE XUÑO



PARA TODOS OS MELLORES DESEXOS!!!







 

MÚSICA NA CASA!!

Ola nenos e nenas !
O  8 de xuño celebramos o “Día Mundial dos Océanos”,unha data para recordarnos o papel
tan importante que teñen os océanos nas nosas vidas.
Eles son os pulmóns da terra, a maior parte do oxíxeno que respiramos, ademais dunha
fonte importante de alimentos e mediciñas.
A proposta musical vai pois relacionada con esta data:



-Escoita atentamente, e canta a canción con xestos do grupo Mamá Cabra
" Patrimonio Natural".





-Fai un debuxo inspirado na canción e gárdao nunha carpetiña, en setembro
faremos unha exposición cos  vosos traballos .

FELIZ SEMANA!!!

lunes, 8 de junio de 2020

8 DE XUÑO. DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS


XUNTOS TEMOS O PODER DE PROTEXER OS OCÉANOS

RECURSOS:
   - "ÉRASE UNHA VEZ EL OCÉANO" É UNHA HISTORIA QUE CONTA A RELACIÓN ENTE OS OCÉANOS E O BENESTAR HUMANO.
-LIBROS: "EL MAR EXPLICADO A LOS NIÑOS",  "NON QUERO SER UN POLBO"
-MÚSICA CLASICA. EL MAR Y LAS SIRENA, DEBUSSY.
-EN EL MAR. CANTA E BAILA.
- ANIMAIS MARIÑOS EN DIRECTO. EN CADA UNHA DAS PANTALLAS PODEMOS VER CÁMARAS SUBMARIÑAS EN DIFERENTES PARTES DO MUNDO.
-LEMON. UN VIDEO PENSADO PARA CONCIENCIAR DO PERIGO  DE TIRAR LIXO, PARA OS ANIMAIS.
-HYBRIDS. VIDEO NO QUE IMAXINA COMO EVOLUCIONARÁN OS HABITANTES DOSOCÉANOS, PARA ADAPTARSE Á CONTAMINACIÓN.

SUXESTIÓNS ACTIVIDADES
-CADERNO VERDE. ON LINE
-MANUALIDADE, UN MAR DE PLASTILINA. QUE PODEMOS ENCHER CON PEIXES FEITOS CON PEDRAS PEQUENAS, LANDRAS...


CON AXUDA  PODEMOS FACER UN ACUARIO DE CARTÓN.


domingo, 7 de junio de 2020

RELIXIÓN - O NOSO BAUTISMO

Olaaa!!:
Imos xa a pola última actividade que faremos este curso dende a clase de reli.
Podemos pedir ós maiores que nos axuden a rebuscar nos álbums de fotos. Aqueles que forades bautizados seguro que teredes moitas fotos dese día. Elixide unha.
Collede a papá, mamá, ó padriño ou madriña, tía (alguén que vos acompañase nese día tan especial) e tratade de convencelo de que vos fale e comente sobre a foto, o que aconteceu: onde vos levaron, que pasou alí, como iades vestidos, quen foron os vosos padriños, quen vos acompañou, anécdotas,..
Familia, aproveitade o momento e conversade con eles, que vos pregunten...seguro que será proveitoso.
Deéixovos dous cortos sobre o Bautismo de Xesús e sobre os elementos do Bautismo (é para nenos algo máis maiores pero vos poden chamar a atención varios detalles):
                                                            
                                              Bautismo de Xesús

                                                             
                                                   Elementos do Bautismo
                                                        
                                                                                                                                                                  
             E aquí rematamos o curso. Espero que descansedes moito e disfrutedes do verán todo o posible. Un moi, moi forte abrazo a tod@s                                                    

viernes, 5 de junio de 2020

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

   HOXE É UN BO DÍA PARA PENSAR NO QUE TODOS PODEMOS FACER PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE.
SUXESTIÓNS DE ACTIVIDADES:
-PEGADAS DA NATUREZA. ACTIVIDADES QUE PODEMOS FACER APROVEITANDO ELEMENTOS QUE ATOPAMOS NOS PASEOS.
-MANUALIDADE CON FOLLAS. PODE SER SEMELLANTE A ESTA.



-VIDEO  COIDADO DO MEDIO AMBIENTE.
-DEBUXAMOS E ESCRIBIMOS O NOME DUN ANIMAL EN PERIGO DE EXTINCIÓN.
NICO XA INVESTIGOU

E IRIA TAMÉN


"OS BOLECHAS QUEREN SABER COMO PRODUCIR MENOS LIXO" É A RECOMENDACIÓN QUE NOS FAN NEREA E NICO 

jueves, 4 de junio de 2020

MÚSICA NA CASA!!


Ola nenos e nenas!
Mañán, dia 5 de xuño, celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente" unha data moi importante na que debemos reflexionar sobre o importante que é para a humanidade que todos e todas colaboremos no coidado do  medio ambiente.

A proposta para esta semana é:

-Escoita, canta e baila (tentando seguir a coreografía) a canción "Pequeño Planeta"



Tamén vos propoño que escoitedes ”La voce della terra” interpretada por Marta Viola (representante italiana de Eurovisión Junior 2019) no novo blog para alumnado https://montemogos.blogspot.com/ e vos animedes a facer algunha achega.


P.D: Non esquezades a audición de  todos os sábados en  https://bibliomontemogos.blogspot.com/


FELIZ SEMANA!!!

domingo, 31 de mayo de 2020

RELIXIÓN - O VALOR DE COMPARTIR.

Olaaa! Como estamos?:
Propóñovos para esta semana traballar sobre o valor cristián de Compartir.
Compartir conleva o valor de dar (xenerosidade) e de recibir o que nos ofrecen. Podemos compartir ideas, bens materiais, actividades, sentimentos, experiencias...
Desta vez pídovos ós maiores (papás, avós) que compartades cos vosos nenos/-as un momentiño e vexades xuntos estes dous vídeos. Logo dedicádelle tres minutos a dialogar con eles sobre como temos que querer a todos e compartir as nosas cousas.





 Espero que vos gustasen e moitas grazas pola axuda!