cursor

jueves, 7 de mayo de 2020

MÚSICA NA CASA!

Ola nenos e nenas,esta semana estamos celebrando de maneira virtual a III Feira da Ciencia que tería lugar este próximo sábado 9 de maio, as actividades que vos propoño para esta semana serían:

-Escoita atentamente a canción de Mamá Cabra " A fraga do meu avó", unha canción que fala dos bosques autóctonos. Uns espazos que todos e todas debemos coidar para seguir gozando deles.


-Despois de escoitar, poderías dicir o nome de tres paxariños que viven na fraga? E o nome de tres animais?

-Escoitaches o nome dalgunha árbore? Cal?

-Fai un debuxo da fraga intentando que se pareza a da canción.

-E por suposto canta con Mamá cabra!

Para bailar, continuamos con Pesdelán, esta semana quero que practiquedes a danza "O pai Paulino" que explican neste video a partir do minuto 8´25´´. Unha danza moi fácil e divertida para facer en familia.


Muy boa semana!!!BIQUIÑOS



No hay comentarios: