A igualdade nas aulas, na ciencia e nas prisións, eixo dos traballos recoñecidos cos Premios Sofía Novoa
Catro egresadas do campus pontevedrés e dúas do vigués recibirán este venres os galardóns
SIIIII !!!, ENTRE ELAS ESTÁ A PROFE RAQUEL. A NOSA PROFE DE PRÁCTICAS E EXALUMNA DO NOSO CENTRO
Na categoría de traballos de fin de grao (TFG), o xurado decidiu premiar os proxectos O traballo por proxectos e o álbum ilustrado para promover a igualdade de xénero en educación infantil, da egresada de Ciencias da Educación e do Deporte Raquel Álvarez.
“Xa coñecía estes premios e para min era un soño ser galardoada”, sinala a graduada en Educación Infantil Raquel Álvarez, recoñecida por un TFG centrado en abordar os estereotipos xénero nunha aula de educación infantil. O proxecto que levou a cabo coas profesoras Eulalia Agrelo e Azucena Arias como titoras baséase “nunha simbiose do traballo por proxectos co álbum ilustrado”, coa que deseñou unha serie de experiencias que empregaban a literatura infantil “como fonte de motivación, reflexión e información”, que puxo en práctica, a través dunha serie de contacontos, no CEIP Plurilingüe Montemogos de Bueu. Os resultados deste proxecto, sinala, amosan o “acaído” dunha metodoloxía que ofreceu a nenos e nenas “un espazo de debate e reflexión sobre os estereotipos de xénero, desenvolvendo en boa medida a súa capacidade crítica”, o que á súa vez a pór o foco na “necesidade de fomentar a igualdade dende os primeiros anos de escolaridade”.
PARABENS POLO GRAN TRABALLO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario