cursor

sábado, 22 de diciembre de 2012

OS MELLORES DESEXOS


NESTAS DATAS OS NENOS E AS PROFES DE INFANTIL DESEXAN A TODAS AS FAMILIAS




E
VÉMONOS O 8 DE XANEIRO.

FESTIVAL NADAL 2012

DESPOIS DE MOITOS ENSAIOS


ASÍ FORON AS NOSAS ACTUACIÓNS



DISFRUTAMOS MOITO DO FESTIVAL.
DESPOIS VISITOUNOS GASPAR, ENTREGAMOS AS NOSAS CARTAS E DEUNOS CHUCHES.

jueves, 20 de diciembre de 2012

PACO TROLAS


HOXE DISFRUTAMOS DESTE ESTUPENDO CONTO A TRAVÉS DUNHA LINGUAXE PARA NOS DESCOÑECIDA.
A LINGUAXE DE SIGNOS
PODEMOS VER UN ANAQUIÑO
 
ESTIVEMOS  MOI  ATENTOS. GUSTOUNOS MOITO E ATA APREDEMOS ALGÚN SIGNO.


miércoles, 12 de diciembre de 2012

RecitandoCelsoEmilio

Todos xuntos recitando un poema en galego. Grazas a todos os papás, mamás, avós, avoas...que nos acompañaron.

viernes, 30 de noviembre de 2012

A VISITA DE MARTIÑO

Dende  a Aula de natureza de UDRA recibimos unha vista moi especial. Aquí vos deixamos as fotos. Grazas a MARTIÑO e a MARIA por pasar con nós unha mañán diferente.




miércoles, 28 de noviembre de 2012

PREPARANDO O NADAL

Xa iniciamos o traballo para preparar os adornos de NADAL.

VAN   QUEDAR  PRECIOSOS!!!

jueves, 22 de noviembre de 2012

O CALENDARIO DO MAR

    COMO O ANO PASADO IMOS FACER UN CALENDARIO DO 2013. CADA CLASE ELIXE O REFRÁN ENTRE OS QUE MANDARON AS FAMILIAS E  FAI A ILUSTRACIÓN.
   
OS DE 4º DE INFANTIL 




GOLFIÑOS QUE MOITO SALTAN
VENTO TRAEN E CALMA ESPANTAN




Os de 5º DE INFANTIL como somos moitos fixemos dous.

Cantan as sereas para engatusar…
non te fíes delas se non queres encallar.


Gaivotas ao mar,
mariñeiros a pescar.

 




sábado, 17 de noviembre de 2012

XA CELEBRAMOS O MAGOSTO

     LEVAMOS UN MONTÓN DE DÍAS ESPERANDO ESTA FESTA TAN TRADICIONAL NA CULTURA GALEGA.
     FIXEMOS UN MONTÓN DE TRABALLOS RELACIONADOS COAS CASTAÑAS E A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

AXUDAMOS A DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA A DECORAR O CARTEL DO PROGRAMA DESTE DÍA.

OS DE 3 ANOS ENSINÁRONOS TAN BEN ESTE "CONTO DA CASTAÑA" QUE AHORA OS DE 4 XA O SABEN. MOITAS GRACIAS! 
 



 
 A CANCIÓN DE "ARAO" QUE NOS ENSINOU A PROFE SOLE




LIBRIÑO "DOÑA CASTAÑA"










 

MARIONETA DE CASTAÑA
 
  
AGRADECEMENTOS A ASOCIACIÓN SANAMEDIO POLOS XOGOS POPULARES  E A MOISES POR ASAR AS CASTAÑAS.
 

 

viernes, 9 de noviembre de 2012

SAÍDA DE OUTONO


UN OUTONO MOI ANIMADO

ESTAMOS  A  TRABALLAR O  OUTONO  E  PROBAMOS  A  FACER  UNHA  PEQUENA  ANIMACIÓN.  DISCULPADE  AS  DEFICIENCIAS, MELLORAREMOS  CO  TEMPO.
OS  DE  1º  AXUDARON  COA  MÚSICA.

PODEDES  VER  O  RESULTADO


O PROCESO:
PINTAMOS, CORTAMOS TODO O NECESARIO PARA FACER A ANIMACIÓN.
LOGO A PARTE TÉCNICA.
PARA PODER ENGADIR UNHA CANCIÓN, PEDÍMOSLLE AOS DE PRIMEIRO QUE NOS ACOMPAÑARAN. ESCRIBIMOSLLE UNHA CARTA.



TAMÉN LLE  ESTAMOS A XAUDAR AOS DE 3 ANOS CO SEU MURAL DO OUTONO




lunes, 5 de noviembre de 2012

NOTICIAS DO OUTONO


NA CLASE DAS XIRAFAS 
DURANTE A SEMANA DO SAMAÍN
ADEMÁIS DE TODAS AS EXPERIENCIAS VIVIDAS
NO COLE TIVEMOS 
DÚAS IMPORTANTES NOTICIAS


Click to play this Smilebox slideshow

jueves, 1 de noviembre de 2012

COUSAS DO SAMAÍN!!

 Chegou o SAMAÍN. É un tempo de lendas e contos, de acabar de recoller a colleita e prepararse para o frío do inverno.
Aquí deixamos unha mostra do noso traballo neste tempo de Samaín. Queremos agradecer a colaboración das familias. A exposición de cabazas resultou xenial!. Moitas grazas a todos pola vosa participación,







jueves, 25 de octubre de 2012


A CLASE DAS XIRAFAS TRABALLAMOS NO MURAL DO OUTONO

Click to play this Smilebox slideshow

miércoles, 24 de octubre de 2012

RECITAL CELSO EMILIO FERREIRO

OS MÁIS PEQUENIÑOS RECITAN A ª! ESTROFA DO POEMA "OS RATOS"



Os nenos de 5º de E.INFANTIL recitaron o poema titulado "CANCIÓN"

 

E TI, QUE LIBRO RECOMENDARÍAS?

Aquí tendes os libros favoritos dos nenos de 4º de E..I. A todos eles lles encantan os libros e escoitan moi atentos todos os contos.





Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil recomendamos os seguintes:






RECITAL POÉTICO


HOXE NO RECITAL DA POESÍA A CLASE DAS XIRAFAS FIXÉMOLO XENIAL!!!!
CO POEMA DE CELSO EMILIO FERREIRO
"GAITA IRREAL"





AQUI MOSTRAMOS A NOSA ACTUACIÓN:





martes, 23 de octubre de 2012

ENSAIANDO PARA O RECITAL DE POESÍA

Mañá, mércores 24, é o día das BIBLIOTECAS. No  cole imos celebrar un recital de poesía en honor de CELSO EMILIO FERREIRO  xa que o ano 2012 foi o ano do seu centenario.Os nenos e nenas de 4º de E.I, recitaremos unha estrofa dun poema que se titula "Os ratos"

Click na imaxe para ampliar.

Aquí vos deixamos a poesía que imos recitar e o traballo que a acompaña.
Os de 4 anos tamén ensaiamos moito e fixemos un mural enorme da nosa poesía de Celso Emilio Ferreiro





miércoles, 17 de octubre de 2012

"AS FOLLIÑAS VAN CAENDO..."


Os nenos e nenas de 4º de E.I. iremos deixando nesta entrada algúns dos nosos traballos de outono.




"As froitas" Iniciamos o noso  libro con froitas de outono. Irémolo completando ao longo do curso.

TRABALLAMOS AS VOGAIS.

HOXE  FIXEMOS  A  LETRA  COS NOSOS CORPOS.  CAMIÑAMOS  MOI  DEREITIÑOS COMO O I.  PINTAMOS  E  BUSCAMOS  COUSAS  QUE  TIVESEN  O  I  NO SEU NOME.

 
ADIVINANZA
SOY UN PALITO MUY DERECHITO
Y EN LA FRENTE TENGO UN MOSQUITO.

jueves, 11 de octubre de 2012

lunes, 8 de octubre de 2012



O VENRES 5 DE OUTUBRO, 6º DE INFANTIL, FOMOS A BIBLIO A LER UN CONTO MÁXICO 
"O GRILO SILENCIOSO" 


viernes, 5 de octubre de 2012

HOXE ABREU A BIBLIOTECA!!!

Hoxe 5 de octubre abreu a Biblioteca. Os nenos de 4º de Educación infantil fomos a recoller a nosa "mochila viaxeira". Tamén lle deixamos un regalo a Belusiña. Podedes velo na foto se vos fixades ben. É a B que se aprecia no fondo. Sabemos que lle gustou moito.


martes, 2 de octubre de 2012

jueves, 27 de septiembre de 2012

jueves, 13 de septiembre de 2012

viernes, 22 de junio de 2012

FELIZ VERÁN!!

Rematamos o curso e espéranos un longo verán para disfrutar do tempo de xogo, sol e praia.
Esperamos que teñades unhas felices vacacións. Vémonos no mes de setembro.

martes, 19 de junio de 2012

EXCURSIÓN A APÍPOLIS

PASAMOS UN DÍA XENIAL!



domingo, 17 de junio de 2012

EXPOSICIÓN SOBRE AS ABELLAS




O VENRES OS NENOS DE 5º DE INFANTIL FOMOS A CONTARLLE OS NENOS DE 4º DE INFANTIL TODO  O QUE SABEMOS SOBRE AS ABELLAS.


¡¡¡¡ FOI MOI DIVERTIDO ESTAR 
TODOS XUNTOS!!



















miércoles, 13 de junio de 2012

VISITAMOS AS AULAS DOS MAIORES


Hoxe pola mañán os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha visita aos nenos de 1º e 2º curso do cole.


En setembro, cando volvamos de vacacións, nos tamén seremos..." MAIORES DE 1º"

AS ABELLAS


O MARTES 12 DE XUÑO UNHA VEZ REMATADO O PROXECTO SOBRE 
"AS ABELLAS" PROBAMOS MEL CON QUEIXO



miércoles, 30 de mayo de 2012

IAGO O CONTACONTOS

Sesión de contacontos por cortesía de Xerais



viernes, 25 de mayo de 2012

Grazas profe Ángeles!

Hoxe pola mañán a profe Ángeles trouxonos un pequeno panal de abellas . Estivémolo examinando cunha lupa, para velo mellor. Foi moi chulo!



jueves, 24 de mayo de 2012

VISITA A PANADERÍA

¡¡¡ QUE DIVERTIDO!!!


O mércores 23 de maio, por fin fixemos a VISITA A PANADERÍA .




lunes, 21 de mayo de 2012

PARA REMATAR A SEMANA DAS LETRAS...FESTIVAL!!!

Hoxe rematamos a SEMANA DAS LETRAS cun gran festival no que participaron todos os alumnos do cole. 
Como fin de festa contamos coa actuación do MAGO CALI que nos encandilou cos seus trucos.

O  MAGO CALI  E  OS  SEUS  TRUCOS







RÍO VERDE 3 ANOS






A FESTA DOS ANIMAIS 4 ANOS

miércoles, 16 de mayo de 2012

VAMOS DE SORPRESA EN SORPRESA!!!!

XOGOS POPULARES



CONTACONTOS NO COLE








XOGOS POPULARES E CONTACONTOS

Onte martes tivemos unha mañán moi axetreada e divertida. Despois do recreo esperabánnos  moitos xogos que montaron no patio integrantes da ASOCIACIÓN CULTURAL SANAMEDIO.Queremos mostrarlle o noso agradecemento e contarlles o ben que o pasamos. Aqui vos deixamos unhas fotos
Cando acabaron os xogos... CONTACONTOS ; Marc Taeger e Olalla Fernández, cortesía da editorial KALANDRAKA. Regaláronnos ovos para que os decoraramos e voilá... aquí tendes o resultado.

lunes, 14 de mayo de 2012

CORRELINGUA 2012

Celebramos en Moaña o CORRELINGUA DO MORRAZO 2012. Participaron moitos coles do Morrazo. A organización calcula que máis de 1000 alumnos de primaria e secundaria. A actuación musical correu a cargo este ano de PESDELÁN que nos fixeron bailar a todos.
Grazas por facernos pasar unha estupenda mañá e ata o ano que ven!

TEATRO NA ESCOLA

O VENRES DÍA 11 DE MAIO TIVEMOS UNHA GRAN SORPRESA: UNHA OBRA DE TEATRO NO SALÓN DE ACTOS: "O BUFÓN DO REY" (PINGA TEATRO).


jueves, 10 de mayo de 2012

VAMOS AO TEATRO!

HOXE FUMOS AO TEATRO.
UN PEQUENO PINGÜINO CHAMADO BOB PRESENTOUNOS A SÚA FAMILIA E AOS SEUS AMIGOS. UNHA PRECIOSA HISTORIA CON FINAL FELIZ.
PASAMOLO ESTUPENDAMENTE


lunes, 7 de mayo de 2012

SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS

Mañá martes inciamos a semana cultural no cole que coincide coa SEMANA DAS LETRAS adicada este ano a VALENTIN PAZ ANDRADE.
Dende o 7 de Maio ata o 21 esperánnos uns días cheos de saídas culturais ( teatro en Vigo, Correlingua en Moaña, panadería en Beluso) e actividades moi diversas que serán divertidas pero tamén nos servirán para aprender moitas cousas.
aquí vos deixamos unhas fotos dos nosos primeiros traballos da SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS


 DESEÑOS  PARA  AS  CAMISETAS QUE LEVAREMOS AO CORRELINGUA
Eleximos as palabras tendo en conta o proxecto deste ano: ALIMENTACIÓN SAUDABLE




PERSONAXES PARA O FESTIVAL