cursor
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de junio de 2020

MÚSICA NA CASA!!


Ola nenos e nenas!
Mañán, dia 5 de xuño, celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente" unha data moi importante na que debemos reflexionar sobre o importante que é para a humanidade que todos e todas colaboremos no coidado do  medio ambiente.

A proposta para esta semana é:

-Escoita, canta e baila (tentando seguir a coreografía) a canción "Pequeño Planeta"



Tamén vos propoño que escoitedes ”La voce della terra” interpretada por Marta Viola (representante italiana de Eurovisión Junior 2019) no novo blog para alumnado https://montemogos.blogspot.com/ e vos animedes a facer algunha achega.


P.D: Non esquezades a audición de  todos os sábados en  https://bibliomontemogos.blogspot.com/


FELIZ SEMANA!!!

jueves, 14 de mayo de 2020

MÚSICA NA CASA!!



Ola nenos e nenas de INFANTIL !!

Esta semana celebramos o “Día das Letras Galegas”(17 de maio)
Este ano dedicado ó escritor Ricardo Carballo Calero, quen escribíu no ano 1984 un conto titulado “As pitas baixo a chuvia”,o relato conta a historia dun neno que tenta protexer a unhas pitas da choiva.
Por elo a proposta de música será a seguinte:

- Escoita e aprende a canción "O galo canta". Acompañaa de xestos !



-Fíxate, na parte intrumental ,nos instrumentos que tocan os pitiños,sabes cales son? Poderías facer un debuxo dos pitiños tocando os instrumentos?

-Canta e baila a canción coma se fórades pitiños ou galiñas!!

MOI BOA SEMANA!!!
BIQUIÑOS!!!

jueves, 30 de abril de 2020

MÚSICA NA CASA!

Ola nenos e nenas! Esta semana suxírovos a obra de teatro"15 PRIMAVERAS" da man do grupo musical "Mamá cabra", un espectáculo onde poderedes escoitar,cantar e bailar con algunha das súas mellores cancións.


Onte 29 de abril,foi o "Día Mundial da danza", é por elo que tamén suxiro que entredes neste enlace  https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/ e practiquedes en familia as danzas que nos propoñen o grupo Pesdelán.

MOITOS BICOS E DISFRUTADE COA MÚSICA!!!!

P.D: Non esquezades a audición do sábado en https://bibliomontemogos.blogspot.com/

jueves, 23 de abril de 2020

MÚSICA NA CASA !!

"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro"(Emily Dickinson).

Ola nenos e nenas !!
Hoxe,como xa saberedes,celebramos o  "Día do libro" é por eso que a miña proposta musical da semana é a seguinte:
- Escoita atentamente a canción do grupo Migallas"O LIBRO MÁXICO".


- Canta a canción e acompaña no retrouso con palmas, tentando seguir o ritmo (TA-TA -TITI-TA).
-Finalmente debuxa algún personaxe da canción ou debúxate a ti facendo algunha acción que se di no estribillo.
  Boa semana!! E lembrade, a vida con música é mellor!

P.D: Invítovos a que todos os sábados entredes no blog da biblioteca(https://bibliomontemogos.blogspot.com/) e escoitedes a audición musical da semana.

jueves, 16 de abril de 2020

MÚSICA NA CASA!!

Ola a todos e todas! Son a profe Sole, a partir de agora, eu serei a vosa profe de música.Aínda  que a maioría non me coñecedes espero que esta situación acabe pronto e que podamos coñecernos no cole.
Mentras tanto, cada semana deixareivos -neste blog- unha proposta musical para facer na casa.
Moitos bicos  e moito ánimo!!!

Imaxino que nestes días as emocións están a flor de pel, polo que a proposta desta semana será:

Escoitar o conto"O Monstro de cores" https://www.youtube.com/watch?v=t8yy_AIeTAA
Escoitar e cantar a canción do conto: https://www.youtube.com/watch?v=9zTRVFWr87Q
Finalmente debuxa a emoción que máis experimentache ao longo destes días.

Boa semana e lembrade: A vida con música e mellor!!