cursor

jueves, 21 de noviembre de 2013

“Un neno, un profesor, un libro e un lápiz poden cambiar o mundo” (Malala Yousafzai)

20  de novembro Día Mundial dos Dereitos  dos  nenos-

laeduteca.blogspot.com.

 Na biblioteca a profe Sole e a profe Mª José léronnos un fermoso conto sobre os dereitos dos nenos.






                                               

martes, 19 de noviembre de 2013

SAÍMOS DE EXCURSIÓN

Hoxe fomos de excursión a Pontevedra. Visitamos a exposición do CAFÉ MODERNO en Pontevedra titulada "DA FANTASÍA Á  REALIDADE. PINTURA EN GALICIA DE 1833 A 1936".
Despois fomos a o teatro a ver a obra"NUNCABUNGA" (premio MARIA CASARES ao mellor espectáculo). Pasámolo moi ben.


martes, 12 de noviembre de 2013

POR FIN...O MAGOSTO!

Por fin! Despois de tantos días de choiva tivemos un fermoso día para celebrar o magosto no colexio.
Queremos compartir con todos a nosa mañán de MAGOSTO  e darlle as graza aos homes e mulleres da asociación CORREDOIRAS  que nos regalaron un anaquiño do seu tempo e tamén do seu saber. MOITAS GRAZAS



jueves, 7 de noviembre de 2013

PEQUENOS CIENTÍFICOS

SEMANA DA CIENCIA. Ao longo de toda esta semana temos unha exposición científica na BIBLIOTECA. Todos os alumnos do colexio pasaremos a vela.
Hoxe tocounos a nós. Ao mellor cando medremos seremos grandes investigadores.