cursor

domingo, 31 de mayo de 2020

RELIXIÓN - O VALOR DE COMPARTIR.

Olaaa! Como estamos?:
Propóñovos para esta semana traballar sobre o valor cristián de Compartir.
Compartir conleva o valor de dar (xenerosidade) e de recibir o que nos ofrecen. Podemos compartir ideas, bens materiais, actividades, sentimentos, experiencias...
Desta vez pídovos ós maiores (papás, avós) que compartades cos vosos nenos/-as un momentiño e vexades xuntos estes dous vídeos. Logo dedicádelle tres minutos a dialogar con eles sobre como temos que querer a todos e compartir as nosas cousas.





 Espero que vos gustasen e moitas grazas pola axuda!

jueves, 28 de mayo de 2020

UNHA NOVA HABILIDADE

    PROPOSTA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.  PINCHADE AQUÍ. 
 
    A PROFE FINU ENGADIU NOVOS RECURSOS NO DRIVE
https://drive.google.com/drive/folders/13iQz0VcsaqSZIvgtmquU_1wyjSiOJnYG?usp=sharing

IRIA COMPARTE A SÚA NOVA HABILIDADE. 

MÚSICA NA CASA!


Ola a todos e todas!
Para esta semana deixovos un conto acumulativo chulísimo ao que teredes que acompañar de xestos e sons "A casa de Xan" e unha canción de adiviñas Que cousa cousiña é?  grupo de teatro Migallas:


-Se vos apetece podedes facer un debuxo do conto ou da canción e os gardades nunha carpetiña para á volta (en setembro) facer un mural cos traballos que fixestes de música na casa.

DISFRUTADE MOITO. MIL BICOS!!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

COMPARTIMOS AS NOSAS ACTIVIDADES 2

    LOIS ESTÁ FACER UN HERBARIO E QUERE COMPARTIR  CON TODOS O BONITO QUE LLE ESTÁ QUEDANDO.

FIXERON UNHA MAGNÍFICA PRESENTACIÓN


PODEDES  FACER  UN!

domingo, 24 de mayo de 2020

RELIXIÓN - O VALOR DA IGUALDADE

Esta semana imos a presentar o valor da igualdade a través do conto: "El príncipe ceniciento".
Todos coñecemos o conto da cenicienta pero...este conto amosa o valor da igualdade (compartir as tarefas da casa, eliminar estereotipos sexistas,...)

                                                   Escoitade atentos!
                                   
                                                         
Xenial! Pois ahora propoño unha actividade moi sinxela: Realizar un debuxo alusivo a este conto!
                                 
                                                      Amosade a vosa creatividade!

jueves, 21 de mayo de 2020

MÚSICA NA CASA!

Ola! Rematamos esta semana das Letras Galegas cas seguintes propostas musicais:
-Escoita, canta e baila este fermoso vals primaveral composto pola cantante Uxía a partir dun poema de Carballo Calero "Unha coroa de violetas".    
 Letra da canción :
"Unha coroa de violetas para a túa alta fronte. Unha rosa vermella para a túa boca acesa.
Un colar de goivos para o teu alabastro. Unha grinalda de cravos para a túa cintura.
Afinal, dúas axorcas de margaridas para os teus tornozelos. Afinal? tal vez te deite aínda sobre a relva e te cobra todo o corpo de flores".



- Por último, necesitaría que me enviásedes a través das tutoras un listado coas cinco cancións máis escoitadas durante o tempo de confinamento. para facer un traballo de música no FIADEIRO,


               MOITÍSIMAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E MOI BOA SEMANA!!!

martes, 19 de mayo de 2020

OCÉANOS QUE UNEN

  CONCURSO NO QUE PODEMOS PARTICIPAR. NON ESTÁ ORGANIZADO POLO COLEXIO. 
    Desde el Campus do Mar de la Universidade de Vigo invita a participar en el I Concurso de Dibujo y Fotografía “Océanos que unen” que organizamos con motivo del Día Mundial de los Océanos que se celebrará el próximo 8 de junio https://campusdomar.gal/oceanos-que-unen/

Dado el estado de alarma, el concurso es totalmente online. Adjuntamos el cartel y las bases de participación. El concurso de dibujo va dirigido a los más pequeños y se establecen 5 categorías:

  • Categoría 1: 3 a 5 años
  • Categoría 2: 6 a 8 años
  • Categoría 3: 9 a 12 años

El plazo de presentación acaba el viernes 29 de mayo a las 14.00 h. Los niños y niñas que quieran participar deberán enviar el dibujo escaneado, la autorización de los padres firmada y sus datos personales al correo oceanosqueunen@campusdomar.es, indicando en el Asunto“Concurso dibujo”. Habrá tres premios por categoría de edad.

Para cualquier cuestión, no duden en contactarnos  en: campusmar@uvigo.es

lunes, 18 de mayo de 2020

IRIA RECITA A CARVALHO CALERO



MENUDA ARTISTA!!!

ADIVIÑA CANTO TE QUERO

   A PROFE EVA  LE ESTE  FERMOSO CONTO PARA TODOS.

ADIVIÑA CANTO TE QUERO

domingo, 17 de mayo de 2020

RELIXIÓN - A FAMILIA

O pasado venres, 15 de maio, celebrouse o día da familia. Aproveitando o feito, imos a traballar esta semana sobre a importancia da nosa familia e a do noso amigo Xesús.
Lembrádevos que a familia é a que nos brinda seguridade, nos quere, nos axuda, respecta, protexe,...

  • Propóñovos que vexades estes dous vídeos cortiños:

                                     
                                                                ANA Y SU FAMILIA


LA FAMILIA DE JESÚS




  • Agora xa estades listos para facer un debuxo do que máis vos gusta facer coa vosa familia.
  • Este debuxo vainos servir para traballar as emocións: Como nos sentimos cando estamos en familia?.
          Busca e sinala a cariña correspondente á túa emoción na seguinte ficha:
                                                                                                                                                                                                                                                                       UN SAÚDO MOI GRANDE

                                                                                                                    PROFE MANOLO                                                                                                

17 MAIO. DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE

    ESTE DOMINGO TEMOS DÚAS CELEBRACIÓNS MOI IMPORTANTES, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, NO QUE XA ESTIVEMOS TRABALLANDO TODA A SEMANA. E O DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE, MOI IMPORTANTE NA CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS DE SOSTIBILIDADE.

Reciclar é o proceso que sufren os materiales de desperdicio cando son recollidos e transformados en novos materiais. O 90 por cento da basura doméstica é reciclable.


ENLANCES 
-16 IDEAS PARA RECICLAR BOTELLAS DE AGUA
-RECICLAR AGUA PARA USO DOMÉSTICO
-VIDEO. DÍA MUNDIAL DEL RECICLAJE
-CANCIÓN
-LAS 3 R
-RECICLAJE PARA NIÑOS
-RECICLAR EN INGLÉS
-XOGO INTERACTIVO. RECICLA CON POCOYO

ACTIVIDADE INDIVIDUAL (SUXESTIÓN)
PODEMOS DEBUXAR OS DIFERENTES CONTENEDORES  E:
- DEBAIXO ESCRIBIR UNHA LISTA DE COUSAS QUE SE RECICLAN EN CANDA UN DELES.
-DEBUXARLAS EN LUGAR DE ESCRIBIR.
-OU RECORTAR AS ETIQUETAS E PEGALAS.


TODOS PODEMOS RECICLAR!!!

jueves, 14 de mayo de 2020

MÚSICA NA CASA!!



Ola nenos e nenas de INFANTIL !!

Esta semana celebramos o “Día das Letras Galegas”(17 de maio)
Este ano dedicado ó escritor Ricardo Carballo Calero, quen escribíu no ano 1984 un conto titulado “As pitas baixo a chuvia”,o relato conta a historia dun neno que tenta protexer a unhas pitas da choiva.
Por elo a proposta de música será a seguinte:

- Escoita e aprende a canción "O galo canta". Acompañaa de xestos !



-Fíxate, na parte intrumental ,nos instrumentos que tocan os pitiños,sabes cales son? Poderías facer un debuxo dos pitiños tocando os instrumentos?

-Canta e baila a canción coma se fórades pitiños ou galiñas!!

MOI BOA SEMANA!!!
BIQUIÑOS!!!

lunes, 11 de mayo de 2020

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS




 COMO CADA ANO, O 17 DE MAIO,  HONENAXEAMOS A UN ESCRITOR DA NOSA TERRA. ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTÁ ADICADO A RICARDO CARVALHO CALERO.



   NOS SEGUINTES ENLACES  PODEMOS TER MÁIS INFORMACIÓN E COMPROBAR XOGANDO O QUE APRENDEMOS:
BIOGRAFÍA  ONLINE
ACTIVIDADES ONLINE 4º INFANTIL
ACTIVIDADES ONLINE 5º INFANTIL
ACTIVIDADES ONLINE  6º INFANTIL 
CALENDARIO LETRAS GALEGAS INFANTIL.  ACTIVIDADES SOBRE CARBALHO CALERO PARA CADA DÍA DESTA SEMANA.

OUTRAS SUXESTIÓNS
-COPIAR, MEMORIZAR, ILUSTRAR O POEMA E BUSCAR O NOME DOS PAXAROS QUE APARECEN


Non llo preguntarei, non, aos pardais
nin á cachorra, nin ao paporrubio
non llo preguntarei á lavandeira
que decote uns, outros de cando en cando,
ao meu terrazo acoden, comer
as miúdas migallas que lles boto.
Reticências (1990)


-COPIAR, MEMORIZAR, ILUSTRAR ESTA CANCIÓN DE BERCE OU ARROLO

Durme, meniño, no teu  berce;
durme, que os montes están cheos de neve.
Durme, meniño, no teu barrelo;
durme , que os montes están cheos de medo. Durme, meu neno. Durme, que cando sexa primavera
ti choutarás polas floridas veigas.

-UN LUGAR DONDE NOS SENTIMOS FELICES. DEBUXALO E DESCRIBILO CUNHA FRASE


domingo, 10 de mayo de 2020

RELIXIÓN - O CORAZÓN...PARA QUERER.

Ola, nen@s:
Comeza unha semana máis e imos traballar o corazón como símbolo do amor e o cariño cara ós demáis. Seguide as seguintes pautas e veredes:

1.- Debuxar un corazón en medio folio ou mellor en cartolina blanca se tendes a man (ós máis pequenos haberá que axudarlles ou facerllo).
2.- Escribir dentro en letras maiúsculas con rotulador (os maiores): PARA QUERER.
3.- Colorear e decorar por dentro ó voso gusto.
4.- Os que poidan pican ou recortan polo borde do corazón.
5.- Facerlle dous buratiños para pasarlle un cordón de lan e poder colgalo ó pescozo ou en calquera outro lugar. O cordón podemos enchelo de macarróns pintados con rotulador ou pintura de dedos para que quede máis bonito.
6.- Agora que xa está listo, podemos regalarllo a alguén da familia.

E para rematar, ollade este vídeo



                                                                                        Veña, a intentalo e un saúdo.

viernes, 8 de mayo de 2020

COMPARTIMOS AS NOSAS ACTIVIDADES

    ZAIRA E BRAIS QUEREN COMPARTIR CON TODOS OS AMIGOS UNHA BÚSQUEDA DO TESOURO QUE LLES PREPARARON OS SEUS PAIS.



ZAIRA FIXO UN BONECO DE POREXPAN.

      AQUÍ TEMOS A NICOLÁS FACENDO FICHAS DE LECTOESCRITURA E MATEMÁTICAS ONLINE.

    IRIA PARTICIPA CUN EXPERIMENTO SOBRE O EFECTO MARANGONI NA PROPOSTA DA BIBLIOTACA, FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA VIRTUAL


    ABEL PARTICIPA CO SEU HIRMÁN PEDRO NA PROPOSTA DA BIBLIOTECA, HORA DE LER NA DISTANCIA


    MARÍA ESTÁ A VIAXAR POR EUROPA FACENDO UN GRAN PUZZLE. XA COÑECE MOITOS PAÍSES.

jueves, 7 de mayo de 2020

MÚSICA NA CASA!

Ola nenos e nenas,esta semana estamos celebrando de maneira virtual a III Feira da Ciencia que tería lugar este próximo sábado 9 de maio, as actividades que vos propoño para esta semana serían:

-Escoita atentamente a canción de Mamá Cabra " A fraga do meu avó", unha canción que fala dos bosques autóctonos. Uns espazos que todos e todas debemos coidar para seguir gozando deles.


-Despois de escoitar, poderías dicir o nome de tres paxariños que viven na fraga? E o nome de tres animais?

-Escoitaches o nome dalgunha árbore? Cal?

-Fai un debuxo da fraga intentando que se pareza a da canción.

-E por suposto canta con Mamá cabra!

Para bailar, continuamos con Pesdelán, esta semana quero que practiquedes a danza "O pai Paulino" que explican neste video a partir do minuto 8´25´´. Unha danza moi fácil e divertida para facer en familia.


Muy boa semana!!!BIQUIÑOS



martes, 5 de mayo de 2020

PSYCHOMOTRICITY

    A  PROFE CRIS QUERE QUE SIGAMOS MOI EN FORMA, DE XEITO DIVERTIDO.
PICHAR AQUÍ

lunes, 4 de mayo de 2020

O RATO DE CASA E O RATO DE MONTE

    A PROFE EVA COMPARTE ESTE CONTO.

FEIRA DA CIENCIA

    TIÑAMOS PREVISTO CELEBRAR A III FEIRA DA CIENCIA DE BUEU O 9 DE MAIO.XA QUE NON SE PODE FACER, ANIMAMOS A QUE PARTICIPEDES NA PROPOSTA DA BIBLIOTECA.

DÍA DA FAMILIA

O 15 DE MAIO É O   



    PARA CELEBRAR ESTE FANTÁSTICO DÍAS PODEMOS FACER UNHA MANUALIDADE COA QUE AGASALLAR AS PERSOAS QUE MÁIS QUEREMOS.
NECESITAMOS AXUDA,   XA QUE IMOS FACER UNHA ÁRBORE XENEALÓXICA.
    PODE SER ALGO SEMELLANTE

PODEMOS POÑER FOTOS OU DEBUXOS.  ESCRIBIR NOME E  PARENTESCO.

OUTRA OPCIÓN PODE SER  UNHA CASIÑA.


COPIAMOS, DECORAMOS, APRENDEMOS E AGASALLAMOS UN POEMA

VIDEOS RECOMENDADOS








    

domingo, 3 de mayo de 2020

RELIXIÓN - O ARCO DA VELLA.

Ola, nen@s! Feliz día, mamás!:

O maio tamén acaba de entrar na clase de relixión. Propóñovos unha actividade máxica que vos vai divertir moito: facer un ARCO DA VELLA.

Que precisamos?:
Rotuladores de moitas cores.
Papel de cociña.
Dous vasos iguais coa mesma cantidade de auga cada un.

Se xa temos todo preparado ...imos facelo!. Vede o seguinte vídeo, que vos servirá de exemplo.