cursor

jueves, 30 de octubre de 2014

TRABALLAMOS NO SAMAÍN

Ao longo desta semana celebramos no colexio o SAMAÍN. Foi unha semana moi divertida na que traballamos moitísimo: fixemos un castelo, decoramos unha cabaza que nos trouxo a profe Mª José,
trouxemos da casa fermosas cabazas decoradas (moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración), representamos un conto...
Queremos compartir con todos este traballo. Cremos que vos vai gustar, nós divertímonos moito mentras o facíamos.

SAMAÍN 2014

lunes, 27 de octubre de 2014

O OUTONO TEN SONO

    XA REMATAMOS O NOSO MURAL DO OUTONO.
QUEDOUNOS ASÍ DE BONITO!
 

viernes, 24 de octubre de 2014

24 OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

  HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS, UNHA DATA MOI ESPECIAL NO NOSO COLEXIO.
  ASÍ QUE NOS INVITARON A IR A BIBLIOTECA, ONDE VISIONAMOS O VIDEO DE "MIL RAZÓNS PARA LER". No que participamos e podedes ver no BLOG DA BIBLIOTECA.
 
A CONTINUACIÓN AS PROFES Mª JOSÉ E MIRIAN CONTARON O CONTO DE "RANILDA"
 

lunes, 20 de octubre de 2014

UNHA SAÍDA DE OUTONO

Hoxe fomos de paseo ao monte que está ao lado do parque Novas. pasámolo xenial.

EXPERIMENTAMOS CO SON

    COMO NOS GUSTA TANTO A MÚSICA, O PRIMEIRO EXPERIMENTO CIENTÍFICO DESTE CURSO FOI CONSTRUIR UNHA GUITARRA.
  COMPROBAMOS QUE O SON PRODÚCESE POLA VIBRACIÓN DAS GOMAS QUE SE TRANSMITE POLA CAIXA.


domingo, 19 de octubre de 2014

SILUETAS

 REMATAMOS DE PINTAR AS NOSAS SILUETAS.QUEDARON ASÍ DE BEN.

jueves, 16 de octubre de 2014

SESION DE MARIONETAS

Que ben o pasamos con PUPI, O TABEIRON E A FORMIGA!!!

lunes, 6 de octubre de 2014

APERTURA DA BIBLIOTECA

  Dende hoxe xa temos a BIBLIOTECA  aberta. Podemos ir facer os préstamos dos libros.
  A pertura oficial celebrouse con una sesión de contacontos por parte dos de 6º de primaria.
"O  INCIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS" foi o conto elixido.



ENCANTOUNOS!


VISITOUNOS DORADITO

   DORADITO, O PEIXIÑO DE HUGO, VISITOU O NOSO COLE. AINDA QUE PASOU CASE TODA A MAÑÁ NA CLASE DE 6º DE INFANTIL, DEU UNHA VOLTIÑA POLA CLASE DOS MÁIS PEQUENOS.
 AGORA SABEMOS UN MONTÓN DE COUSAS: O QUE COME, QUE AUGA LLE BOTA...