Mañá, mércores 24, é o día das BIBLIOTECAS. No cole imos celebrar un recital de poesía en honor de CELSO EMILIO FERREIRO xa que o ano 2012 foi o ano do seu centenario.Os nenos e nenas de 4º de E.I, recitaremos unha estrofa dun poema que se titula "Os ratos"
Click na imaxe para ampliar.
Aquí vos deixamos a poesía que imos recitar e o traballo que a acompaña. Os de 4 anos tamén ensaiamos moito e fixemos un mural enorme da nosa poesía de Celso Emilio Ferreiro
Hoxe 5 de octubre abreu a Biblioteca. Os nenos de 4º de Educación infantil fomos a recoller a nosa "mochila viaxeira". Tamén lle deixamos un regalo a Belusiña. Podedes velo na foto se vos fixades ben. É a B que se aprecia no fondo. Sabemos que lle gustou moito.