cursor

jueves, 3 de mayo de 2012

VISITA AO MUSEO MASSÓ

Hoxe pola mañán fomos de visita ao Museo Massó de Bueu para participar no obradoiro " Miradas ao ceo" .
Cando chegamos recibiunos Carmen, coa que fixemos o obradoiro e aprendemos cousas moi interesantes. Cando rematamos fixemos un recorrido polo museo acampañados dela. Foinos explicando moitas cousas das pezas que alí estan expostas. Tamén nos felicitou por ternos portado tan ben. Queremos darlle as grazas.

Temos que darlle as grazas tamén a Cris, Sonia, Vanessa e Verónica ( mamás de algunhas nenas e nenos da clase), por baixarnos nos seus coches, xa que non poidemos baixar a pé por mor desta choiva que non nos deixa.

Sentimos moito non poder ensinarvos fotos, pero no museo non nos deixaron facelas ( ademais terían que ser feitas co móvil, pois a profe Carmen esqueceu a cámara no colexio)

No hay comentarios: