Imos xa a pola última actividade que faremos este curso dende a clase de reli.
Podemos pedir ós maiores que nos axuden a rebuscar nos álbums de fotos. Aqueles que forades bautizados seguro que teredes moitas fotos dese día. Elixide unha.
Collede a papá, mamá, ó padriño ou madriña, tía (alguén que vos acompañase nese día tan especial) e tratade de convencelo de que vos fale e comente sobre a foto, o que aconteceu: onde vos levaron, que pasou alí, como iades vestidos, quen foron os vosos padriños, quen vos acompañou, anécdotas,..
Familia, aproveitade o momento e conversade con eles, que vos pregunten...seguro que será proveitoso.
Deéixovos dous cortos sobre o Bautismo de Xesús e sobre os elementos do Bautismo (é para nenos algo máis maiores pero vos poden chamar a atención varios detalles):
Bautismo de Xesús
Elementos do Bautismo
No hay comentarios:
Publicar un comentario